Campionato Galego Máster. Resultados

Rematou o Campionato Galego Máster con unha boa actuación dos dez participantes do Club Natación Arteixo e unha moi boa organización por parte da Fegan e o Club Natación Ponteareas deste novo campionato de inverno. Moi bo ambiente competitivo, un total de 19 medallas en probas individuais e unha en remuda son os resultados máis salientables que agora pasamos a especificar.

Ler máis

Campionato Galego Máster

Esta fin de semana é o turno da primeira gran cita da tempada para o Equipo Máster, o Campionato Galego de Inverno. Este celebrarase en Ponteareas, en dúas sesións continuas de sábado e domingo, nas que o noso equipo tratará de dar o mellor para defender ó noso  Club.

Asisten un total de 10 deportistas, tres chicas, Gloria, Nerea e Raquel; e sete chicos, Adrián, Carmelo, Javi Mella, Olmo, Rafa, Rubén e Ramón. Teremos presencia nun total de 33 probas individuais e oito remudas. Poderemos estar atent@s ós resultados na páxina da FEGAN e a través do streaming do club anfitrión.

Web do CampionatoStreaming

Resultados Trofeos de Carballo 2025

Están publicados os resultados dos Trofeos de Carballo nos que o Club Natación Arteixo tivo presencia esta fin de semana. Tratábase do III Memorial Pedro Luis Fernández Pombo, un trofeo que acolleu o sábado ós nadadores de diversas categorías participando como absolutos, e o domingo ós equipos Máster.

Ler máis

Resultados das Ligas

Esta fin de semana foi unha das máis movidas a nivel competitivo na historia do Club Natación Arteixo. Ademáis do xa publicado, Trofeo de Narón e Campionato de España, participamos en tres Ligas territoriais, das que falamos un pouco a continuación e temos publicados os resultados.

Ler máis

Campionato Galego Máster. Resultados

Rematou o Campionato Galego Máster con unha boa actuación dos dez participantes do Club Natación Arteixo e unha moi boa organización por parte da Fegan e o Club Natación Mos deste novo campionato de verán. Un total de 27 medallas en probas individuais e 3 en remudas, e un Top-10 na clasificación conxunta, son os resultados máis salientables que agora pasamos a especificar.

Ler máis

Convocatorias fin de semana

Esta fin de semana celébranse dúas competicións importantes para o Club Natación Arteixo, nas que os máis pequen@s e os máis veteráns clausuran a tempada competitiva. O equipo benxamín participa na Copa Galega dos postos do 13 en adiante, será o sábado pola tarde en Riazor, e as probas que se nadarán son as seguintes: 50, 100, 200 libre, 100, 200 estilos, 100 costas, 100 braza e remudas de 4×50 libre e 4×50 estilos mixtas. Acudimos con un equipo formado por 12 chicas e 6 chicos que esperamos pasen unha boa tarde competitiva e de convivencia.

Por outra banda, o Equipo Máster acude a Mos para participar no Campionato Galego de verán o sábado e o domingo en xornadas continuas de competición. Sete deportistas no equipo masculino e catro no feminino será os encargados de defender as nosas cores, neste evento xa clásico do inicio dos galegos de final de tempada. Participan nunha media de entre tres e catro probas cada un e en todas as remudas do calendario. Poderemos estar atent@s ós seus resultados no enlace que deixamos a continuación.

Web MasterConvocatorias

Campionato Galego de Fondo Máster

Este domingo día 9 de marzo teremos presencia, reducida pero moi importante, no Campionato Galego de Fondo Máster. Dito evento celebrarase na Piscina Municipal de As Pontes, e constará de dúas sesións, pola mañán de 1500 libre e pola tarde de 800 libre. Asistirá Ramón Folch, o noso nadador máster máis veterán, para partcipar na proba de 800 libre.

Poderemos consultar toda a información do Campionato e os seus resultados na páxina que enlazamos a continuación.

Ánimo Ramón!!

Web do Campionato

Temos unha gran novidade nos contidos desta web. Estreamos a táboa de Records do Club Natación Arteixo das diferentes categorías máster. Rexistraremos as mellores marcas en todas as probas individuais e de remudas tanto en piscina de 25 coma de 50 metros. Publicámolos coas marcas acadadas ata o 30 de setembro de 2024, e os actulizaremos todos os principios da nova tempada. Quedan á vosa disponibilidade para consultalos no seguinte enlace.

Contidos Máster

Campionato de España Máster. Resultados

Acaba de rematar o Campionato de España Máster de Inverno, e o Club Natacion Arteixo tivo a presencia de catro deportistas que voltan encantados coa experiencia e cos resultados. O evento celebrouse en Oviedo, dende o xoves día 6 ata o domingo 9 en intensas sesións continuadas de competición.

Os protagonistas foron, Inés Buenadicha, Olmo Andrés, Raquel Durán e Rubén Villamor, que obtiveron un total de seis MMP, 4 postos dentro do Top-10, 5 dentro do Top-15, nun campionato de 1800 participantes. Un dos momentos máis emocionantes foi a súa participaron na remuda de 4×50 libre mixta, na que acadaron moi boas marcas e un 26º posto na clasificacion.

Desta competición destacamos sobre todo a ilusión coa que a encararon os nosos máster, e o nivel de marcas, que non sempre son fáciles de acadar neste tipo de eventos nos que a cantidade de xente, o nivel competitivo e o estado nervioso poden ser un factor negativo.

Noraboa EQUIPO!!

Resultados

Resultados Campionato Galego Máster

Rematou o Campionato Galego Máster con unha boa actuación dos nove participantes do Club Natación Arteixo e unha moi boa organización por parte da Fegan e o Club Natación Ponteareas deste novo campionato de inverno. Un total de 15 medallas en probas individuais e un 4º e 5º posto nas dúas remudas que poidemos presentar son os resultados máis salientables que agora pasamos a especificar.

Ler máis

Ler máis