Campionato Galego Máster. Resultados

Rematou o Campionato Galego Máster con unha gran actuación dos nove participantes do Club Natación Arteixo e unha moi boa organización por parte da Fegan e o Club Natación Ponteareas deste novo formato de campionato. Un total de 23 medallas individuais e unha moi celebrada en remuda sirven de introducción a esta noticia que ampliamos de seguido.

Os nosos representantes foron: Carmelo, Cristian, Gabriel, Gloria, Manuel, Olmo, Raquel, Rubén e Sara. Tod@s acadaron boas marcas individuais, nadando con moita ilusión , ainda que co novo formato de campionato era difícil manter a todo o equipo á vez na piscina. Acadaro os seguintes postos como equipo: 15º na clasificación conxunta, 11º masculino e 17º feminino.

Un dos momentos máis emocionantes do campionato foi, coma sempre, o da participación dos equipos de remudas. Só poidemos ter presencia nas masculinas e nas mixtas, destacando un bronce en 4×50 libre mixta de categoría +160, pero sen desmerecer o resto dos resultados que foron, 4º posto en 4×50 lib masculino +160, 6º en 4×50 estilos mixto +200 e 7º en 4×50 estilos masculino +160.

A nivel individual destacamos a mellora do equipo, en parte  gracias a este novo grupo de adestramento que por fin poidemos formar na nova instalación de Meicende coa colaboración do Concello de Arteixo. Acadamos un total de 23 medallas, sete ouros, once pratas e cinco bronces. Podedes consultalas no medalleiro enlazado nesta nova, así como todos os resultados da competición.

Esta sección do Club Natación Arteixo segue a medrar, agora con ánimos renovados pola posibilidade de adestrar por fin en grupo, esperamos que o Campionato de verán veña cargado de máis alegrías para o CNA.

Noraboa EQUIPO MÁSTER!!

ResultadosMedalleiro