O nadador de categoría máster, Marcos del Río participou durante catro días no Campionato de España Máster celebrado en Castellón e volta con boas marcas e tres medallas na categoría +30.
O Campionato comezou o xoves día 16, e Marcos estreouse con unha moi boa marca persoal e un ouro da súa categoría en 200 estilos, esa mesma tarde acadou o 6º posto de 100 libre. O venres nadou 400 libre acadando tamén medalla de ouro, e rematou o domingo coa proba de 200 libre, na que foi prata.
Noraboa Marcos!!