Marcos del Río participou esta fin de semana no Campionato de España de Augas Abertas na categoría máster. O evento celebrouse en Sevilla, no Río Guadalquivir, con moi boas condicións metereolóxicas. A auga estaba a 23,5º polo que a carreira celebrouse sen neopreno. Marcos nadou o sábado pola tarde a proba de 3000 metros. Empezou a proba saíndo bastante rápido e así encabezou a carreira durante todo o percorrido, loitando nun sprit final e acadando o 2º posto absoluto da proba e ouro da súa categoría con un tempo de 36:47.
Noraboa Marcos!!
unha medalla máis que sumar os teus éxitos deportivos desta tempada…