Esta fin de semana celebrouse en Ourense o Campionato Galego Máster de Verán, no que tivemos unha pequena pero intensa participación. Representáronnos un total de cinco deportistas que con moita ilusión mantivero o nome do Club Natación Arteixo nun bo lugar. Doce medallas, cinco Récords Galegos do noso nadador máis veterán, Ramón Folch, e moita ilusión porque a tempada que ven esta categoría recupere os seus anos dourados respecto a número de participantes, porque eso ó final é o máis importante nun equipo, as mellores MEDALLAS.
Como equipo, estes cinco deportistas acadaron os seguintes postos: 16º masculino, 22º feminino e 20º conxunto. Non poidemos participar en remudas debido ás baixas de última hora.
A nivel individual destacamos que o CNA tivo catro medallistas que acadaron un total de 4 ouros, 5 pratas e 3 bronces, Ramón, Sara, Diego e Rubén.
Ramón Folch acadou o premio ó participante masculino de máis idade, ademáis de batir unha vez máis varios récords galegos na categoría +85, na proba de 400 libre, con récord nos pases de 50 e 200, en 50 costas e en 50 libre.
Coa ilusión de poder facer equipo de adestramento na vindeira tempada 23-24, rematamos os Campionatos Galegos de categoría máster con un gran sabor de boca que deixa este evento de Ourense.
Noraboa EQUIPO!!