Nova Tempada 26-27

Poñemos á vosa disposición os grupos e horarios para esta tempada 2026/2027, se houbera algún problema ou cambio podedes comentalo coas adestradoras. Os adestramentos comezan hoxe día 4.

Tamén deixamos á vosa disposición os documentos que foron entregados na reunión, estos inclúen o papel de licenza que debe ser entregado no adestramento ou na oficiña antes do día 20 de setembro para que a licenza sexa tramitada correctamente. Este ano as licenzas terán que ser tramitadas dende as familias vía intranet, enviaremos un aviso e o enlace a través dos grupos de wasap.

Os horarios dos grupos 4 e de maiores varían un pouco durante o mes de setembro, e xa llos comunica directamente a adestradora, e o adestramento dos sábados dará comezo o 3 de outubro.

Benvidos e benvidas a esta nova tempada do noso EQUIPO!!

Horarios e GruposFormulario Licenza

Campionato Galego de Augas Abertas

Onte celebrouse o último evento deportivo da tempada 25-26, o Campionato Galego de Augas Abertas, que fora aplazado por temas de sanidade. Tivo lugar na Praia de Areas, en Sanxenxo, con un clima espléndido e con temperatura da auga para uso de neopreno.

O Club Natación Arteixo estivo representado por catro nadador@s, Iván Rubio, que acadou medalla de ouro da categoría máster +50; Nerea Alvite que foi bronce máster +25; Carla Rodríguez, bronce da categoría Junior 1; e Alex Vicente, que acadou o 9º posto da mesma categoría.

Con esta nova damos vacacións a esta páxina web ata o 3 de setembro, que daremos comezo a unha nova e ilusionante tempada.

Noraboa e bo descanso a tod@s!!

Resultados

Resultados Campionato de Europa

Onte domingo día 16 rematou o Campionato de Europa de natación que se celebrou en París dende o día 10. Paula Otero participou en dúas probas formando parte da selección española. En ambas probas nadou as series eliminatorias e acadando o posto 13º en 1500 libre e 15º en 400 libre.

Foi unha boa despedida desta tempada, na que Paula ven de compaxinar Augas Abertas e piscina con bos resultados nas dúas especialidades. Agora toca descansar para encarar con forza e ilusión a vindeira tempada.

Noraboa Paula!!

Paula no Europeo de Natación

Onte día 10 de agosto comezou o Campionato de Europa de Natación de París, no Centro Acuático Olímpico. Paula Otero, que ven de participar tamén no de Augas Abertas, forma parte da selección española e participará en dúas probas.

O xoves día 13 nadadará a preliminar de 1500 libre ás 9:30, o 16 á mesma hora será o turno da preliminar do 400 libre. Poderemos seguir os resultados de Paula e de toda esta natación do máis alto nivel no enlace que deixamos a continuación.

Sorte e Ánimo Paula!!

Resultados en Directo

Cto de Europa AA. Resultados

Este venres foi a xornada final do Campionato de Europa de Augas Abertas de París para Mateo García e Paula Otero, os nadadores do Club Natación Arteixo que asistiron formando parte da Selección Española. E foi unha gran sesión competitiva na que acadaron moi bos resultados, na proba de 3K KnockOut Sprint, na que Paula foi finalista acadando o 7º posto europeo, e Mateo foi 7º na semifinal, moi cerca de pasar á última ronda.

No resto das probas, o resultado máis salientable foi o de Paula que acadou o 11º posto en 5K. Mateo foi 17º en 10K e 23º en 5K. Todas as probas desputáronse a orillas da Torre Eiffel, no Río Sena, con unhas condicións climatolóxicas moi boas, corrente en contra na metade de cada volta, e con un gran nivel competitivo.

Paula Otero permanece en París á espera de que se inicie o Campionato de Europa de natación, no que participará nas probas de 400 e 1500 libre, da que daremos máis información.

Noraboa Paula e Mateo!!

Resultados

Campionato de Europa de AA

Mañán día 4 de agosto dará comezo o Campionato de Europa de Augas Abertas, no que teremos a participación de Paula Otero e Mateo García formando parte da selección española. O equipo xa se atopa en París, adestrando e preparándose para este gran evento deportivo, que será a súa cita internacional principal da tempada, e onde se darán cita os mellores nadadores e nadadoras desta disciplina.

Deixamos aquí o calendario da competición e os enlaces para que poidamos seguir os resultados, ademáis de podelos ver en directo en Teledeporte e RTVE Play.

martes 4 de agosto 10K, 10:00 Mateo

mércores 5 de agosto 5K, 10:00 Mateo , 14:30 Paula

venres 7 de agosto Knockout Sprint, 9:00 Paula, 11:15 Mateo

Desexámoslle dende aquí o mellor a estes dous grandes deportistas que terán a ocasión unha vez máis de levar o nome do noso Club ata o máis alto, esta vez moi cerca da Torre Eifel.

Web do Campionato

Final de Tempada 25-26

Estamos a punto de rematar esta tempada 25-26… tod@s? Non, Mateo García e Paula Otero atópanse neste momento adestrando en Sierra Nevada co seu grupo de fondo, preparando os Campionatos de Europa de París, ós que asistirán. deixamos un resumen do seu calendario á espera de poñer as novas cando se acerque o momento.

O primeiro será o Campionato de Augas Abertas, que se celebrará no Río Sena do 4 ó 8 de agosto, Mateo participará nas probas de 10K, 5K e Knock Out; e Paula en 5K e Knock Out. Despois de rematar será o turno da Natación en Piscina, tamén na cidade de París, do 10 ó 16 de agosto, no que o Club Natación Arteixo terá a participación de Paula nas probas de 1500 e 400 libre. Ambos viaxarán co Equipo Nacional Absoluto uns días antes para prepararse para o evento.

Iremos aumentado a info nesta web para que poidades estar atentos/as a estes dous deportistas que serán os encargados de darlle o broche final a esta gran tempada, na que tódolos equipos de base demostraron unha gran mellora e o que nos representa nos absolutos levou ó Club á mellor división de Galicia na Liga de Clubs.

Boas vacacións a tod@s!!

Convocatorias

Trofeo de Ponteareas

Este sábado 18 celebrouse en Ponteareas o seu xa tradicional Trofeo Amizade, o Club Natación Arteixo tivo a presencia de cinco deportistas que participaron en probas individuais e dúas remudas masculinas.

Voltan conun total de catro medallas individuais de Alba Gómez e Iago Guitián, dúas nas remudas de 4×50 libre e estilos e libre masculino, e algunhas MMP. Foi unha boa ocasión para competir en piscina de 25 neste final de tempada, e souberon aproveitala moi ben. Alba acadou o 3º posto da suma de puntos FINA en tres probas. Na clasificación por equipos acadamos o 7º posto, 5º masculino e 7º feminino.

Noraboa!!

ResultadosMedalleiro

Resultados Campionato de España

Hoxe domingo día 19, o noso nadador de categoría infantil, Manuel Lema Simal participou no seu primeiro Campionato de España. Foi en Las Palmas de Gran Canaria, nas instalacións do Club Natación Metropole, con unha moi boa organización nun evento de 770 participantes.

Manu nadou a proba de 50 costas, na que mellorou moito a súa clasificación respecto ás listas de saída, acadando o 31º posto de 15 anos, acadando a súa MMP.

Volta con moi boas sensacións e con ilusión renovada para encarar con forza a vindeira tempada, na que pasará a ser de categoría junior e na que seguro lle esperan grandes éxitos deportivos.

Noraboa Manu!!

Resultados

Campionato de España Infantil

Dende hoxe xoves 16 ata o domingo 19 de xullo celébrase o Campionato de España Infantil en Las Palmas de Gran Canaria, nas instalacións do Club Natación Metropol. Mañán viaxa o noso nadador desta categoría, Manuel Lema que participará o domingo na proba de 50 costas. Terá ocasión de adestrar alí un par de días para prepararse ben, e de disfrutar do ambiente competitivo da mellor competición de verán desta categoría.

Poderemos seguir a competición en directo vía streaming e seguir os resultados na web da RFEN, deixamos ambos enlaces nesta nova.

Ánimo e Sorte Manu!!

Web do CampionatoStreaming

Ver máis...