Esta foi unha fin de semana moi movida para o Club Natación Arteixo que tivo presencia en catro eventos, Liga Infantil, Liga Máster, Trofeo Norte e Sur, e xornada de Ges de categoría alevín. Pasamos a dar resumen dos resultados.
A 3ª Xornada de Liga Infantil celebrouse en Lugo, na Piscina de Frigsa, obtivemos bos resultados, os nosos deportistas, na foto da portada, van mellorando a medida que avanza a tempada, a remuda, que era de 4×200 libre acadou o 3º posto tanto masculino como feminino. A nivel individual engadimos algunha mínima para os Campionatos Galegos desta categoría.
A 4ª Xornada de Liga Máster foi en Ferrol e acudiron un total de 8 deportistas e destacamos que por primeira vez presentamos unha remuda en categoría premáster, que acadou un meritorio 4º posto. Desexamos dende esta web, que este grupo, que por fin formou grupo de adestramento, consolide a súa asistencia ás citas competitivas.
Un grupo de nadadores e nadadoras que participaron na Liga Absoluta foron seleccionados para participar no Trofeo Norte e Sur, competición que Galicia divídese en 2 territorios para loitar nun calendario completo de probas, con remudas mixtas e algunha proba con sorpresa, como os estilos nadados en orde sorteada no momento. Asistiron Ana, Eva, Claudia, Paula e Manuel Varela. O gañador do Trofeo foi a selección do Sur.
E por último, tivemos presencia na Xornada GES celebrada en Cervo, en piscina de 50, con Daniela Dasilva, que pasou unhas horas adestrando con compañeiros e compañeiras de diversos clubs de Galicia.