Paula Otero, a nosa nadadora que adestra no CAR de Málaga, está convocada con un grupo da Selección Española para participar no Open de Portugal esta vindeira fin de semana. Será en Coimbra dende o 4 ata o 7 de abril e Paula participará en 3 probas, 200, 400 e 1500 libre. A selección consta de sete nadadoras e nove nadadores que viaxarán a Portugal a medirse e coller experiencias competitivas para a gran cita de xuño en Palma de Mallorca, onde se buscará o máximo rendimento para intentar acadar mínimas para os JJOO de París.
Tamén acabamos de saber que Paula estará nunha concentración de Augas Abertas Absoluta con outros nove deportistas. Esta celebrarase en Flagstaff (USA), do 14 ó 29 de abril de 2024.