Campionato de España Máster. Resultados

O Campionato de España Máster deixa no noso Club un sabor moi doce polos bos resultados dos seis participantes. Voltan con un total de cinco medallas e moitas MMP, e sobre todo con unha nova experiencia competitiva ás súas costas que lle aporta unha nova visión deste deporte.

O Campionato celebrouse, en Pontevedra, na Piscina Rías do Sur, en 25 metros. Foron catro intensas xornadas nas que o noso equipo participou nun total de 15 probas individuais. Acadaron un total de cinco medallas, 2 ouros, 2 pratas e 1 bronce, os lauread@s foron Marcos del Río, Iván Rubio, Rubén del Río e Sara González. Raquel Durán e Rubén Villamor puxeron a súa parte con moi boas marcas persoais.

A proximidade deste campionato axudou á participación dos nosos deportistas, pero seguro que quedaron con ganas de seguir competindo neste tipo de eventos, que non deixa de ser unha gran experiencia onde se xuntaron un total de 1330 nadadores/as, entre os que estiveron presentes as cores e a ilusión competitiva do Club Natación Arteixo.

Noraboa EQUIPO!!

ResultadosMedalleiro