Resultados de Paula Otero

Paula Otero rematou a súa participación no Circuíto do Mare Nostrum, no que participou como parte do Equipo Nacional Absoluto en dúas das tres competicións do evento.

Nadou un total de sete probas. En Canet o 13 e 14 de maio, cos resultados máis destacados en 800 libre,  con un 5º posto, e en 400 libre, finalista e  11º posto. En Canet tamén nadou 100 e 200 libre. En Barcelona, os días 17 e 18 participou en 200 libre e foi finalista en 400 libre e 200 bolboreta, acadando os postos 13º e 14º.

Paula está en pleno ciclo de acumulación de adestramento e traballo duro, sendo moi valorables as súas marcas e postos a nivel internacional neste momento da tempada.

Noraboa Paula!!

Mare Nostrum