Clausura do Campus Xoga coa Auga

Hoxe venres día 10 de xullo rematou o XX Campus de Natación organizado polo Club Natación Arteixo, con unha participación de 31 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos realizando numerosas actividades durante unha semana.

Como xa é habitual rematamos o Campus dándolles o agasallo dunha camiseta conmemorativa a tódolos participantes no Pazo dos Deportes, e pasando o día no parque Acuático de Cerceda. A esta entrega asisteu Don Miguel González, Técnico de Deportes do Concello de Arteixo.

Esperamos que todos e todas disfrutarades deste Campus e esperamos contar con  vos en vindeiras edicións.

Ata pronto!!

XX Campus Xoga coa Auga

Acércase o final de curso escolar, e este ano celebramos de novo o noso tradicional Campus de Verán «Xoga coa Auga», será a edición número 20. Dende hoxe está aberto o prazo de inscrición e remata o 24 de xuño, ofertamos un total de 100 prazas.

Ler máis

Cea Gala 2026

O pasado sábado celebrouse, a clásica Cea Anual do Club Natación Arteixo, con un gran éxito de participación. Xuntámonos 130 persoas entre deportistas, pais, nais, colaboradores e autoridades. Acompañounos representando ó Concello neste evento, o Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo, que fixo un pequeno discurso antes do comezo da cea agradecendo ó Club a presencia que lle da ó Concello de Arteixo en tódolos eventos deportivos nos que participa e desexándonos que sigamos a colleitar éxitos. Acompañando ó Sr. Alcalde estaba Patricia Amado, concelleira de Contractación, Patrimonio, Turismo e Novas Tecnoloxías.

Ler máis

Clausura do XIX Campus

Onte luns día 30 rematou o XIX Campus de Natación organizado polo Club Natación Arteixo, con unha participación de 28 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos realizando numerosas actividades durante unha semana.

Como xa é habitual rematamos o Campus dándolles o agasallo dunha camiseta conmemorativa a tódolos participantes no Pazo dos Deportes, e pasando o día no parque Acuático de Cerceda. A esta entrega asistiron Dona Puri Zas, Concelleira de Deportes e Don Miguel González, Técnico de Deportes do Concello de Arteixo.

Esperamos que todos e todas disfrutarades deste Campus e esperamos contar con  vos en vindeiras edicións.

Ata pronto!!

XIX CAMPUS XOGA COA AUGA

Acércase o final de curso escolar, e este ano celebramos de novo o noso tradicional Campus de Verán «Xoga coa Auga», será a edición número 19. Dende hoxe está aberto o prazo de inscrición e remata o 12 de xuño, ofertamos un total de 100 prazas.

Ler máis

Cea Gala 2025

O pasado sábado celebrouse, a clásica Cea Anual do Club Natación Arteixo, con un gran éxito de participación. Xuntámonos 181 persoas entre deportistas, pais, nais, colaboradores e autoridades. Acompañounos representando ó Concello neste evento, o Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo, que fixo un pequeno discurso antes do comezo da cea agradecendo ó Club a presencia que lle da ó Concello de Arteixo en tódolos eventos deportivos nos que participa e desexándonos que sigamos a colleitar éxitos. Acompañando ó Sr. Alcalde estaba Patricia Amado, concelleira de Contractación, Patrimonio, Turismo e Novas Tecnoloxías.

Ler máis

Mateo volta de Málaga

O noso nadador, Mateo García Castro, regresa hoxe do Centro de Alto Rendemento de Málaga, de participar nunha concentración dunha semana co grupo de adestramento de fondo dirixido por Xavi Casademont. Nesta concentración participou tamén a lucense Inés Mourenza. Mateo tivo ocasión de compartir adestramento cos mellores nadadores e nadadoras da súa especialidade, entre eles a súa compañeira de equipo, Paula Otero. Ambos están a preparar a vindeira cita importante, o Campionato de España de Longa Distancia en piscina, que se celebrará dentro de dúas semanas en Oviedo.

Gala da FEGAN

Mañan sábado día 26 de outubro celébrase en Lugo, no Museo Interactivo da Historia, a I Gala da FEGAN, na que premiarán a varias persoas e estamentos relacionados coa Federación de Natacion, recoñecendo con esto os seus resultados deportivos ou tareas realizadas en favor do noso deporte.

O Club Natación Arteixo conta con un premiado, Mateo García Castro, polos resultados nacionais e internacionais obtidos durante a pasada tempada. Asistirán a esta Gala ademáis como representación da Directiva do Club Natacion Arteixo, Virginia Martínez e Tania Domínguez, Presidenta e Tesoreira. A nosa adestradora Luchi, asistirá como vocal máster da FEGAN, tarea da que se encargará a partir desta nova tempada.

Noraboa Mateo!!

Máis Info

O 27 de setembro, terá lugar en Madrid a Gala da Natación Española, na que se premian os méritos a persoas e entidades da tempada 23-24, na que haberá representación do Club Natación Arteixo. No estamento de deportistas recibe medalla ao mérito deportivo, Mateo García Castro, pola medalla de bronce na remuda mixta de 4×1500 no recente Campionato do Mundo Júnior celebrado en Alghero (Italia).

Noaboa Mateo!!

Documento RFEN

XVIII Campus Xoga coa Auga

Acércase o final de curso escolar, e este ano celebramos de novo o noso tradicional Campus de Verán «Xoga coa Auga», será a edición número 18. Dende hoxe stá aberto o prazo de inscrición e remata o 11 de xuño, ofertamos un total de 100 prazas.

Ler máis

Ler máis