Campionato Galego Junior. Resultados

Esta fin de semana celebrouse en Ourense o Campionato Galego de Inverno Junior e Copa Senior. Asistiron un total de 12 deportistas de categoría junior e 3 de categoría senior. Voltamos con bo nivel competitivo, moitas MMP en Piscina de 50, sete medallas, pero sobre todo motivados para seguir mellorando para facer aínda mellor a este Equipo Junior.

Ler máis

Récords CNA Tempada 24-25

Están actualizados os récords do Club Natación Arteixo, con tódalas marcas realizadas na tempada 2024/2025, tanto en piscina de 25 como de 50 metros, tanto para Deportistas como para Máster. Están resaltados en color os realizados nesa última tempada.

RécordsRécords Máster

Liga Infantil. Resultados

Este sábado 31 de xaneiro celebrouse a 2ª xornada de Liga Infantil, cos nacid@s no 2010 asistindo tamén. Tivemos moi bos resultados, con moitas MMP e algunha nova mínima para participar en Campionatos Galegos.

Nas remudas acadamos o 3º posto na masculina e 5º na feminina. A vindeira cita competitiva desta categoría será o Campionato Galego de Inverno en Cervo a fin de semana do 21 deste mes. Están publicados os resultados completos no enlace que deixamos a continuación.

Noraboa!!

Resultados

Campionato Galego Alevín. Resultados

Esta fin de semana celebrouse en Mos, na Piscina Municipal das Pozas, o Campionato Galego de Inverno de categoría alevín. O Club Natación Arteixo tivo a presencia de seis deportistas, catro nenas e dous nenos que voltan coas súas MMP e moitas ganas de seguir mellorando.

Os protagonistas foron: Emma Pastor, Lola Lareo, Lucía Prieto, Vera Vázquez, Pedro Aldao e Roque Martínez. Presentamos a remuda feminina de 4×100 libre que acadou o 12º posto con mellor marca persoal das catro compoñentes. A clasificación por equipos foi a seguinte: 23º posto na masculina, 14º na feminina e 17º na conxunta.

Noraboa Equipo!!

Resultados

Campionato de España LD. Resultados

Onte sábado celebrouse en Elche o Campionato de Longa Distancia en Piscina e o Club Natación Arteixo participou con tres deportistas que nadaron a proba de 5000 metros con resultados moi destacados.

Paula Rodríguez de categoría Junior 2 acadou o 8º posto da súa categoría. Mateo García e Paula Otero obtiveron postos de medalla en categoría absoluta, realizando ambos as mínimas de referencia para asistir ó Campionato de Europa de Augas Abertas de París. Mateo foi medalla de prata e Paula de bronce.

Resultados Completos

Resultados de Ginebra

Mateo García e Paula Otero voltan do Meeting de Ginebra no que participaron esta fin de semana con moi bos resultados. Paula acadou o 4º posto na proba de 1500 libre e o 6º en 800 libre. Mateo foi medalla de prata nas mesmas probas. Ambos nadadores, que acudiron a este evento formando parte do Equipo Nacional, estiveron a un nivel competitivo moi alto, tendo en conta ademáis que o seu foco principal de adestramento está posto na proba de 5000 metros que se celebrará en Elche o vindeiro sábado 31 de xaneiro.

Podemos consultar os resultados completos no enlace que deixamos nesta nova.

Noraboa Paula e Mateo!!

Resultados

Liga de Clubs. Resultados

Este sábado celebrouse a 2ª xornada da fase preliminar da Liga Galega de Clubs, o Club Natación Arteixo fixo unha moi boa actuación con un resultado de 3º posto da xornada por só 2,5 puntos do equipo do Casino. Foi unha competición moi reñida, con chegadas moi disputadas e remudas bastante igualadas.

Este resultado suma os puntos da xornada de outubro, e á espera da 3ª xornada de marzo, a clasificación agora é a seguinte: Fluvial de Lugo 14, CN. Arteixo 9, SC. Casino 9, A.D. Fogar 6, CN. Coruña 4, Rías Baixas 2. O noso obxetivo é loitar en marzo por unha boa clasificación que nos permita manter estos primeiros postos e así loitar polo título na Fase Final.

Noraboa Equipo!!

Resultados

Resultados de Ligas de Idades

Están publicados os resultados das ligas de idades celebradas en decembro  en San Amaro e e xaneiro en Carballo. Estes dous equipo de base seguen avanzando no súa aprendizaxe deste deporte, da súa técnica e das súas regras. Ambas competicións foron nadadadas con moita ilusión e con mellora te tódolos participantes.

Próximamente celebrarase o Campionato Galego Alevín, primeira cita a nivel galego desta categoría, e ó que se accede a través dunhas marcas mínimas. Estamos xusto no ecuador da Liga destas dúas categorías, xa que faltan tres do que queda de tempada.

A seguir mellorando Equipos!!

Resultados

Campionato Galego Máster. Resultados

Rematou o Campionato Galego Máster con unha boa actuación dos dez participantes do Club Natación Arteixo e unha moi boa organización por parte da Fegan e o Club Natación Ponteareas deste novo campionato de inverno. Moi bo ambiente competitivo, un total de 19 medallas en probas individuais e unha en remuda son os resultados máis salientables que agora pasamos a especificar.

Ler máis

Campionato Galego. Resultados

Acaba de rematar o Campionato Galego de Inverno en piscina de 25 metros de categoría absoluta, con bos resultados para todo o grupo de 19 deportistas que defenderon as cores do Club Natación Arteixo, e que deixan como resumen moitas MMP e Récords do Club, 9 medallas (3 ouros, 4 pratas e 2 bronces), dous Récords de Campionato de Alba Gómez e Mateo García, e un destacable 4º posto na clasificación feminina e 7º conxunta.

Ler máis

Ler máis