XXI Encontro Concello de Arteixo

Este sábado día 7 de marzo celébrase na Piscina Municipal de Arteixo a vixésimo primeira edición do Encontro de Natación, organizado polo Club Natación Sarval Arteixo coa colaboración do Servizo Municipal do Concello de Arteixo.

Máis de 250 nenos e nenas de 6 a 13 anos xuntaranse ese día para disfrutar dunha gran  xornada adicada ó deporte de base, xa que a competición vai dirixida ás categorías Benxamín e Alevín en sesión de tarde e Promesas e Escolas en sesión de mañán.

Neste evento participarán os seguintes equipos: Club Natación Coruña, Club del Mar, Club Natación Culleredo, Asociación Deportiva Náutico de Narón, Club Natación Ferrol, e finalmente como club anfitrión, o Club Natación Arteixo.

Na sesión de mañán, que comezará ás 12:45 nadaranse 25 e 50 metros de cada estilo a modo de exhibición, de promesas e escolas, onde os máis pequenos/as e os que non compiten habitualmente do noso club e algúns invitados/as demostrarán a súa mellora técnica desta tempada.

Na sesión de tarde, nadaranse probas de 25 de cada estilo e 100 estilos para a categoría Benxamín; e probas de 50 metros de cada estilo e 100 estilos para a categoría Alevín. As remudas serán de 4×25 libre masculina e feminina para os Benxamíns, e de 4×50 estilos para os Alevíns.

Farase entrega de agasallos para tódolos participantes nas dúas sesións. Na sesión de tarde haberá medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada proba, e trofeo para o equipo campión por suma de puntos.

Convocatorias

Series MañánSeries Tarde