XV Encontro de Natación Concello de Arteixo

Mañá sábado 8 de febreiro, terá lugar a decimoquinta edición do xa clásico Encontro de Natación Concello de Arteixo. Este evento, celebrarase na piscina Municipal  ás 17:30 da tarde, e contará coa presencia de seis clubs.

Agárdase a participación de arredor de 200 nadadores e nadadoras de categorías benxamín e alevín, pertencentes aos seguintes clubs: Club do Mar, Club Natación Coruña, Club Natación Culleredo, Asociación Deportiva Náutico de Narón, Salvamento Arteixo e Club Natación Arteixo como anfitrión.

Haberá probas  individuais e de remudas. A categoría benxamín nadará  25 metros de cada estilo e 100 estilos. A categoría alevín nadará 50 de cada estilo e 100  estilos. As remudas serán mixtas.

Entregaranse trofeos aos mellores clasificados, así como agasallos para tódolos participantes. Para a entrega de premios contaremos coa presencia do Excmo. Señor Alcalde D. Carlos Calvelo, e outras autoridades representantes do Concello de Arteixo.

Neste evento colaboran o Servizo Municipal de Deportes do Concello de Arteixo, Deportes San Remo Carballo, Aquafit Xestión, Grabados Calvo, El Noticiero Televisión e Coca Cola.

Os nadadores e nadadoras do Club están convocados para o quencemento ás 15:45, prégase puntualidade e acudir uniformad@s.

Pola noite terá lugar a Cea anual do club no Restaurante Balcobo ás 22:00