Suevos 2015

Mañá mércores remata o prazo de inscrición para a IX Travesía de Suevos. Esperamos contar con unha gran afluencia de nadadores e nadadoras de tódalas idades, especialmente do Club Natación Arteixo. Recordade que para inscribirse hai que facelo na Web da Fegan:

Inscricións

O venres estaremos en Suevos a partires das 17:00 empezando cos preparativos. Tódolos que queirades axudar na organización deste importante evento para o noso club, podedes asistir, seredes benvid@s.