Temos publicados os resultados desta fin de semana na que participamos e dúas competicións, a liga alevín en San Amaro e o Campionato Galego Máster de verán en Ponteareas.
A 5ª xornada alevín foi unha boa competición para este equipo, moitas mellores marcas persoais e bo ambiente. Pronto se celebrará o Campionato Galego de verán para esta categoría, será en Pontevedra dentro de dúas semanas. Foi esta unha extraña tempada na que os nosos nadadores e nadadoras de base demostraron unha gran mellora a pesar das dificultades.
Por outra banda, o equipo máster, que nesta ocasión só contaba con dous nadadores que botaron moito de menos o ambiente habitual creado por un grupo máis numeroso, competiron en Ponteareas o Campionato Galego de verán con bos resultados. Asistiron Javier Mella e Rubén Villamor, que nadaron un total de 7 probas na xornada do domingo. Acadaron 3 medallas, Rubén foi bronce en 50 braza e 100 costas, e Javi foi prata en 100 costas. Foi unha competición moi ben organizada, que nos acerca un pouco máis á esperanza de que a tempada que ven vaiamos recuperando o noso nivel de participación ó que os máster nos tiñan acostumados.
Noraboa Rubén, Javi e Equipo Alevín!!