Resultados de Nerea

Rematou o Campionato de España por CCAA de categoría Alevín, que se celebrou en Cáceres esta fin de semana, e no que participaba a nadadora do noso Club, Nerea Iglesias.

A nova máis destacada a nivel individual, é que Nerea acadou a mínima na proba de 100 braza para participar no Campionato de España Alevín de verán, con un tempo de 1.24.29.

No resultado final deste campionato, no que a Comunidade gañadora foi a Catalana, Galicia acadou o 4º posto en categoría feminina, 6º na masculina, e 5º na conxunta.

Nerea participou, ademais do 100 braza, en 200 braza, e nas remudas de 4×100 libre e 4×100 estilos, acadando Galicia nas dúas remudas o 5º posto.

¡¡Noraboa por esta ocasión de participar coa Selección Galega, e polos resultados acadados!!

Resultados

20150426_nerea_1