Moi bos resultados para os tres nadadores do Club que participaron este fin de semana no Campionato de España celebrado en Gijón, en Piscina de 25 metros. Nun campionato marcado polo mediático regreso da gran Mireia Belmonte, Noelia, Alba e Luis acadaron as súas mellores marcas persoais desta tempada nadando moi motivados e centrados.
Alba, de categoría junior, participou na proba de 200 braza, baixando o seu rexistro acadado en piscina de 50 metros en Picornell, e superando varios postos de inscrición. Acadou o posto 33º con un tempo de 2.41.94.
Luis, participou na mesma proba, nadou unha boa proba acadando a mellor marca desta tempada, 2.27.53 e o posto 44º.
Noelia, participou en tres probas, nas que acadou mellor marca persoal. O venres nadou 100 estilos, con un tempo de 1.07.28 quedou no 33º posto. O domingo participou en 100 braza onde acadou a súa mellor marca tamén no pase de 50 metros (34.74), con un tempo de 1.13.53 foi 22ª. A súa mellor clasificación foi o sábado que na proba de 200 braza, con un tempo de 2.36.90 acadou o 15º posto.
¡¡Noraboa ós tres por este campionato!!
Para ver os resultados completos podedes premer no seguinte enlace: