Resultados

Están publicados os resultados das competicións de liga celebradas este pasado sábado, o equipo benxamín en Carballo e os maiores en Mos, onde acadaron o 2º posto da fase preliminar da Liga de Clubs.

Os nosos representantes máis xóvenes comezaron a súa liga territorial nadando a 1ª xornada. Temos un equipo con moitas ganas de mellorar e competir, e así o demostraron a tarde do sábado en Carballo. Queda moita tempada, na que iremos vendo como a súa técnica vaise depurando e van aprendendo a participar nestas pequenas competicións de aprendizaxe cada vez con máis experiencia.

O equipo absoluto, con compoñentes de categorías senior, junior e infantil, participaron na tan esperada Liga Galega de Clubs, que non se podía celebrar dende que comezou o confinamento en marzo de 2020. Esta é unha das competicións máis emocionantes para o noso club, de xeración en xeración vanse pasando o testigo os nadadores/as da forma de competir e da pérdida do individual para pasar a ser o EQUIPO o máis importante destas xornadas.

Obtivemos moitas MMP dos compoñentes do equipo, pero o máis importante foi o ambiente que voltamos a vivir e que tanto botábamos tod@s de menos. Todos os equipos competiron a moi bo nivel, quedando a clasificación da seguinte forma: AD Fogar 385, CN Arteixo 378, CN Rías Baixas 319, CN Mos 264, AD Náutico de Narón 182, C. USC 79.

Esta fase preliminar, que consta de 3 xornadas é a que nos colocará en postos de ascenso-permanencia ou descenso-permanencia cara a fase final. Seguiremos adestrando a tope para seguir a este nivel… e quen sabe, quizás melloralo.

Noraboa a tod@s pequenos e maiores!!

Resultados