Resultados

Esta fin de semana tivemos a oportunidade de volver a competir por fin. Os nosos equipos infantil, junior e senior asistiron en Carballo a dúas competicións, que aproveitamos moi ben para seguir aumentando experiencias e mellorar marcas.

O equipo infantil nadou o sábado pola tarde a 2ª xornada de liga, 13 nenas e 7 nenos que competiron moi motivados e ilusionados pola nosa volta ás piscinas. O equipo junior e senior participou nunha toma de tempos o domingo pola mañán. Neste caso o equipo estivo formado por 3 nenas e 4 nenos. De ambas competicións voltamos con algunhas MMP (mellores marcas persoais), unha nova experiencia competitiva, tan importantes esta tempada, e moitas ganas de seguir adestrando para seguir mellorando.

Noraboa a tod@s!!

Resultados