Están publicados os resultados da 2ª xornada da Liga Infantil celebrada o pasado sábado na Piscina de San Amaro. Os nadadores e nadadoras do Club acadaron boas marcas persoais en probas individuais, engadindo algunha mínima válida para o vindeiro Campionato Galego Infantil que se celebrará a finais de xaneiro. En canto as remudas, que foron mixtas, acadaron o 12º posto.
¡¡Noraboa equipo!!