Paula Bronce en Remuda de AA

Paula acaba de rematar a súa actuación no Campionato de Europa de Augas Abertas que se celebrou en París dende este venres. Participou o venres pola tarde na proba de 7,5K. Foi unha carreira trepidante, Paula estivo no grupo de cabeza durante máis da metade da proba, pero sempre moi presionada polas súas rivais máis duras, que se puxeron diante na segunda parte da carreira. Paula acadou o 9º posto de Europa. Hoxe domingo pola mañán celebrouse a remuda de 5K mixta, dous nadadores e dúas nadadoras en tramos 1250 metros. España arriesgou coa táctica de tirar de primeiras ás nenas, con Paula á cabeza, que deixou a remuda en moi bo posto, para que a súa compañeira e os nenos remataran a faena con grandes resultados para o equipo, bronce europeo, a moi poucas décimas do segundo clasificado.

Esta disciplina de Augas Abertas pon a proba, non só a preparación física dos participantes, se non a estratexia e a capacidade de tomar decisións en condicións de cansancio. Paula aprende grandes cousas cada vez que ten ocasión de participar nesta disciplina, este campionato foi de gran importancia para esto.

Noraboa Paula!! 

Resultados