Nova Tempada para o CNA

Estamos nos derradeiros días de agosto e queda pouco para rematar o período de descanso do noso equipo. Empezamos a tempada 2022/2023, que esperemos veña cargada de novos éxitos para o Club Natación Sarval Arteixo. 

Empezaremos con unha reunión presencial de nadadores/as e adestradoras para inaugurar a tempada, falar de horarios e obxectivos. Esta terá lugar o luns día 5 de setembro, en dúas convocatorias:

Ás 19:00 para os grupos de escola, benxamíns, alevíns e infantís dese grupo

Ás 20:00 para o grupo de maiores (como estaba a tempada pasada)

O lugar da reunión será o Auditorio do CTA (Centro Tecnolóxico de Arteixo), situado enfrente do campo de fútbol.

Disfrutade deste final de vacacións!!