Con esta foto, recordo dun momento vivido polo Club Natación Arteixo, queremos felicitar ao gran deportista galego Javier Gómez Noya polo galardón recibido hoxe venres, o premio Princesa de Asturias ao mellor deportista 2016.
Corría a tempada 2006/2007 e un moi xoven triatleta, Javier Gómez Noya, visitou Arteixo e compartiu adestramento con un equipo aínda máis xoven na súa andanza, ás ordes de David Palleiro. Na foto podemos ver nadadores en activo, e outros retirados despois dunha gran aportación aos éxitos do club.
Toda a familia do Club Natación Arteixo felicita a Javi por este premio e sobre todo por ser camiño e exemplo para todos os deportistas presentes e futuros.