Nova Tempada 23/24

Estamos nos derradeiros días de agosto e queda pouco para rematar o período de descanso do noso equipo. Empezamos a tempada 2023/2024, que esperemos veña cargada de novos éxitos para o Club Natación Sarval Arteixo. 

Empezaremos con unha reunión presencial de nadadores/as e adestradoras para inaugurar a tempada, falar de horarios e obxectivos. Esta terá lugar o martes día 5 de setembro, en dúas convocatorias:

Ás 19:00 para os grupos de escola, benxamíns, alevíns e infantís dese grupo

Ás 20:00 para o grupo de maiores (como estaba a tempada pasada)

O lugar da reunión será no Ximnasio do CEIP de Arteixo

Disfrutade deste final de vacacións!!

Memoria Deportiva 21-22

Temos á vosa disposición nesta Web a Memoria Deportiva da Tempada 21-22, podedes descargala premendo no enlace. Recordade que tedes tamén nunha nova publicada o pasado mes de febreiro con todas as aparicións en prensa da mesma tempada.

MEMORIA DEPORTIVA 21-22

Horarios Entroido

A foto que adorna esta nova é a da CESTA que rifamos mañán venres 17 co número gañador do sorteo da ONCE, publicamos os horarios deste Entroido no que os nadadores/as terán vacación escolares, o Club Natación Arteixo varía algo os seus adestramentos:

  • Benxamíns, Escola e Alevíns, vacacións o luns e o martes, mércores horarios habituáis
  • Junior e Senior, luns e mércores de 11:45 a 14:00, martes vacacións
  • Infantiles, luns e martes vacacións, mércores de 18:45 a 20:15

¡¡Feliz Entroido a tod@s!!

Calendario

Temos á vosa disposición o Calendario da Fegan coas sedes que xa están dispoñibles que lle corresponden ó Club Natación Arteixo. As xornadas de Ligas Benxamín e Alevín son en datas aproximadas e as sedes están por determinar, aínda que como sabedes sempre son de carácter local, movéndonos pola zona de Coruña e arredores.

As Normativas das diferentes competicións, así como as mínimas de participación están sempre á vosa disposición na web da Fegan, no apartado de Circulares.

CalendarioCirculares Fegan

Horarios e Grupos 22/23

Poñemos á vosa disposición os grupos e horarios para esta tempada 2022/2023, se houbera algún problema podedes comentalo con Luchi. Os adestramentos comezan mañán día 6.

Tamén deixamos á vosa disposición os documentos que foron entregados na reunión, estos inclúen o papel de licenza que debe ser entregado no adestramento ou na oficiña antes do día 19 de setembro para que a licenza sexa tramitada correctamente.

Os horarios dos grupos 6, 7 e 8 varían un pouco durante o mes de setembro, e xa llos comunica directamente a adestradora e o adestramento dos sábados dará comezo o 1 de outubro.

Benvidos e benvidas a esta nova tempada do noso EQUIPO!!

Horarios e GruposDocumentos Reunión

Horarios de Verán

A partir do 27 de xuño mudan os horarios para tentar compaxinar adestramenntos e vida veraniega, este horarios serán válidos ata o 15 de xullo, despois faremos unha revisión debido ó peche dun dos vasos da piscina:

GRUPO DE MAIORES: TÓDOLOS DÍAS DE 13:45 A 16:00

GRUPOS 4, 5 E 6: DE LUNS A XOVES DE 16:00 A 17:00 (poden vir os días que queiran)

GRUPOS 1, 2 E 3 DE LUNS A XOVES DE 17:00 A 18:00 (poden vir os días que queiran)

A tempada de adestramentos finalizará o xoves 28 de xullo

Horarios Semana Santa

Durante esta Semana Santa, na que os nadadores/as terán vacación escolares, o Club Natación Arteixo varía algo os seus adestramentos:

Grupos 1, 2 e 3: luns 11, martes 12 e mércores 13 de 16:00 a 17:00, de xoves 14 a luns 18 vacacións

Grupos 4 e 5: luns 11, martes 12 e mércores 13 de 17:00 a 18:00, de xoves 14 a luns 18 vacacións

Grupo de maiores calle 6 e Grupo Alevín: luns 11, martes 12, mércores 13 e luns 18 de 13:30 a 15:00, xoves 14, de 10:45 a 13:00, de venres 15 a domingo 17 vacacións

Grupo de maiores calles 4 e 5: luns 11, martes 12, mércores 13 e luns 18 de 11:45 a 13:45, xoves 14, de 10:45 a 13:00, de venres 15 a domingo 17 vacacións
Boa semana a tod@s!!

Asamblea e Memoria Deportiva

Como xa se informou nos grupos de wasap, mañán sábado 5 de marzo celébrase a Asamblea Ordinaria do Club Natación Arteixo. Será no Auditirio do Centro Cívico ás 11:30. Podedes descargar a convocatoria premendo no botón.

Habitualmente nesta reunión facíamos entrega dun documento cos resultados deportivos da tempada pasada. Nesta ocasión quedan publicados nesta web para que o podades descargar se o desexades.

Pregamos a sistencia de tódolos socios e socias e puntualidade.

CircularMemoria Deportiva 20-21

Prensa 2020-2021

Está á vosa disposición para decargar en formato pdf, a recopilación da aparición nos medios do Club Natación Arteixo da tempada 20-21

Prensa 20-21

Bo Nadal

A Directiva e as adestradoras do Club Natación Arteixo desexan un Bo Nadal a todos os compoñentes do noso Club e a toda a comunidade da Natación Galega.

Ler máis