Impresionante Campionato Galego

Difícil, por sorprendente, facer a crónica deste Campionato Galego Absoluto celebrado estes días en Pontevedra. Partíamos co equipo masculino un pouco reducido, pero moi boa disposición para competir e gran ilusión, reforzaron a progresión do noso club. E así foi, con moi boas marcas a nivel individual por parte de Luis, César, Xián, David, Laura, Miriam, Alba, Noelia, Tamara, Peni e Virginia, tódol@s compoñentes do equipo. E unha actuación simplemente espectacular nas remudas femininas, acadamos nada máis e nada menos que o 2º posto de Galicia na categoría feminina, só precedidas polo C.N.Galaico, e un 8º posto na clasificación conxunta a tan só medio punto do C.N. Santiago.

As remudas femininas, sen dúbida, foron a sorpresa do campionato e as mellores do evento na súa categoría, xa que acadaron 3 ouros en 4×50 libre, 4×100 libre e 4×100 estilos, 1 prata en 4×200 libre e un 4º posto a tan só 3 décimas das terceiras en 4×50 estilos. Así foi, que estes resultados xunto cos éxitos individuais, lanzounos dende un 5º posto en inverno e 7º en verán da tempada pasada, a nada máis e nada menos que segundas de Galicia con un total de 376,5 puntos.

A nivel individual, acadáronse un total de 15 medallas, 8 en categoría absoluta: 1 ouro, 4 pratas e 3 bronces (Alba, Noelia e Virginia); e 7 en absoluta mozo: 6 ouros e 1 prata (Noelia, e Luis).

O nivel de marcas tanto en probas individuais como en remudas foi moi bo, con varios récords de club batidos e mínimas acadadas para asistir a Campionatos de España Absoluto: Virginia Naya nas probas de 50 libre (26.90) e 100 libre (58.55), e Noelia Gómez en 50 braza (34.65). E para o Campionato de España Junior,  Alba Gómez en 100 braza (1.15.39).

O que facemos para acadar o éxito é creer que é posible… e adestrar para conseguilo

¡¡Noraboa EQUIPO!!

Medalleiro

Web do Campionato

Feliz e exitoso 2016 a toda a familia do Club Natación Sarval Arteixo

20151230_cto_gal2