HORARIOS E GRUPOS

Xa están publicados os horarios e grupos de adestramento que comezarán o luns día 21 de setembro. Estes horarios e grupos sempre poderían cambiar dependendo de como sexa o avance dos acontecementos que marcan o momento que vivimos.

Ante todo, queremos agradecer a paciencia demostrada na espera da organización dos novos grupos para o actual cambio de adestramentos. Xa estamos inmersos na nova tempada, a situación é moi complicada en canto a aforos e seguridade das actividades deportivas. O noso deber como Club do Concello é seguir, dentro do posible coa nosa actividade, pero tratando de minimizar os riscos da Piscina Municipal de Arteixo. Por isto, en cooperación co funcionamento da empresa concesonaria BeOne e outros  clubs, decidimos que os nosos deportistas entren e saian da instalación por diferente sitio e se cambien nas gradas. Para isto é aconsellable que os nenos/as veñan cambiados de casa e que intenten ter un poncho para facilitar a labor na saída.

Temos prevista unha reunión vía zoom, na que as adestradoras explicarán máis a fondo o funcionamento das novas normas, mandaremos ós grupos o enlace, pregamos a asistencia de todos os pais e nais. É moi importante para o Club que esteades informados/as e que colaboremos todos remando no mesmo sentido.

Se alguén ten algún problema con algún horario pode poñerse en contacto con Luchi ou Sara.

Horarios e Grupos 2021