Eva no CCAA

A nadadora de Categoría Alevín, Eva Sánchez Bello, participou esta fin de semana coma parte da Selección Galega, no Campionato de España de Comunidades Autónomas en Idade Escolar. A súa experiencia foi máis que positiva e os seus resultados tamén.

Este evento celebrouse en Oviedo, na Piscina Parque del Oeste, en 25 metros. Galicia acadou o 14º posto feminino, 10º masculino e 13º na clasificación conxunta das Comunidades participantes. Eva nadou dúas probas individuais e dúas remudas. En individual participou en 100 e 200 costas, probas nas que acadou os postos 26º e 24º da súa idade. En remudas obtivo moi bos rexistros, formou parte do 4×100 libre, proba na que acadou a súa mellor marca persoal, e foi a primeira remudista do 4×100 estilos, nadando costas, a súa especialidade.

Noraboa Eva por esta primeira experiencia coa Selección Galega!!

Resultados