Convocatorias

Esta fin de semana celébrase o Campionato Galego Máster de verán en Ourense. Será na piscina de 50 metros Rosario Dueñas. Constará de tres sesións repartidas entre sábado e domingo. Participan seis nadadoras e oito nadadores con un total de 38 probas individuais e varias remudas. Esta categoría sempre nos sorprende en resultados, pero sobre todo en ambiente de competición. Seguro que nesta ocasión non será menos. Podemos seguir os resultados no momento no seguinte enlace.

Web do Campionato

Celébrase tamén en San Amaro a 4ª e última xornada de Liga Infantil. Nadaranse as seguintes probas: 400 libre, 100 costas, 200 estilos, 100 libre, 200 bolboreta, 100 braza, 800 libre feminino e remudas de 4×100 libre mixtas.

Ánimo e sorte a tod@s!!

Convocatorias