Esta fin de semana, o Equipo Alevín do Club Natación Arteixo participou no Campionato Galego de verán. Foi en Ourense, en Piscina de 50 metros. Acadamos o 18º posto na clasificación masculina,11º na feminina, e o 13º posto na clasificación conxunta.
Os nove compoñentes deste pequeno grupo, tiveron que enfrontarse ós nervios da competición importante, da responsabilidade dun compromiso de club e individual, dunha piscina máis longa do habitual, e saíron airosos deste reto. Melloraron moitas marcas individuais, competiron moi ben as probas de remudas, acadando nelas os seguintes resultados: 4×100 libre, 13º masculino, 18º feminino; 4×200 libre, 18º feminino; 4×100 estilos feminino, 11º masculino e 10º feminino.
A nadadora Antía Gómez Taibo acadou tres medallas da súa idade, ouro en 200 estilos e prata en 100 e 200 costas. Esta nadadora asistirá ó Campionato de España Alevín que se celebrará en Sabadell do 19 ó 22 de xullo, con dúas probas, 100 e 200 costas.
Noraboa a tod@s!!