Campionato Galego Absoluto

Rematou o Campionato Galego Absoluto con bos resultados para o Club Natación Arteixo. Cabe facer balance, xa que vimos dunha tempada complicada a nivel adestramento, faltábanos competición e notouse nalgúns detalles, pero o balance e máis que positivo, sobre todo en actitude, motivación, e traballo en equipo. O campionato estivo dividido en dous, as nenas competiron en 3 sesións de domingo e luns e os nenos, noutras 3 de luns a martes. Votouse de menos a xuntanza deste dous grupos e a habitual convicencia destes eventos, pero a satisfacción de ter competido compensa todos os cambios.

Dende esta web, e antes falar dos nosos resultados, queremos darlle a NORABOA e as gracias á FEGAN e o CN Galaico por facer posible este evento, que se celebrara coa seguridade que tod@s necesitamos neste momento,  significa que o deporte de competición segue a ser posible, e transmite esperanza para o futuro.

Agora si, o Club Natación Arteixo, 6º clasificado na conxunta, cun 3º posto na feminina, 13º na masculina… e moito máis que contar:

O primeiro equipo en competir foi o feminino, e vaia se competiron… empezaban cun listón propio moi alto, xa que este equipo leva xa moitos campionatos estando entre as favoritas nas remudas e na clasificación, e non mudaron esa tendencia. Quedaron en 3º posto na clasificación conxunta, e engadiron ó noso currículum de club un Récord de Campionato Galego. Acadárono na remuda de 4×50 estilos, que con un tempo de 1.59.20 Antía, Noelia, Paula e Alba, igualaron a marca do CN Coruña de 2012.

Acadaron un total de 10 medallas en probas individuais de Alba, Paula e Noelia, 8 ouros, 1 prata e 1 bronce. As remudas deron o punto máis espectacular ó campionato e ós nosos resultados, xa que acadamos pleno de medallas nas 5 remudas nas que participamos. Fomos ouro en 4×50 libre, 4×100 estilos e 4×50 estilos (Récord de Campionato), e bronce en 4×100 e 4×200 libre.

Ademáis, a nadadora Paula Otero Fernández acadou o Trofeo Paula Carballido á mellor nadadora por táboa FINA pola proba de 800 libre.

O equipo masculino chegou o luns a mediodía para renovar as enerxías do campionato. Chegaron con gran ilusión e con moi bo facer, melloraron moitas marcas persoais a nivel individual e fixeron boas remudas, das que a maioría dos compoñentes son aínda de categoría junior.  Os postos acadados foron: 11º nas de 4×100 libre, 4×50 estilos e 4×100 estilos, e 13º nas de 4×200 libre e 4×50 libre. Un pequeno equipo masculino que soubo darlle un colofón a este diferente pero gran Campionato Galego.

Alba, Antía, Nerea Iglesias, Nerea Pazos, Noelia, Paula, Penélope e Tamara; César, Javi, Luis, Manuel e Miguel CNArteixo Noraboa e grazas por seguir con este proxecto!! 

ResultadosMedalleiro