O Club Sarval Natación Arteixo acadou o 9º posto na clasificación conxunta, 5º na feminina e 10º na masculina, no Campionato Galego Absoluto celebrado esta fin de semana en Santiago. Un total de 17 medallas, incluidos 2 bronces en remudas femininas absolutas, primeira vez na historia deste club.
A competición foi trepidante, con moi bo nivel de marcas en xeral, e o Natación Arteixo sabendo estar á altura do evento. Imposible non destacar os resultados acadados polo equipo feminino nas remudas, acadando dúas medallas de bronce nas probas de 4×50 estilos o venres pola tarde e no 4×50 libre o domingo pola mañá. Este é o mellor referente do traballo en equipo, e por suposto destacamos todos os postos:
4×50 estilos (bronce feminino), 4×100 libre (9º masculino, 5º feminino), 4×200 libre (8º masculino, 7º feminino), 4×50 libre (8º masculino, bronce feminino), 4×100 estilos (5º feminino)
Este é o balance como equipo, a nivel individual acadamos un total de 15 medallas, 3 bronces en categoría absoluta (Noelia, Tino e Omar); e 12 en absoluta mozo, 5 ouros e 7 pratas (Noelia, Tino, Luis e Omar).
Medalleiro
O nivel de marcas tanto en probas individuais como en remudas foi moi bo, con varios récords de club batidos e mínimas acadadas para asistir a Campionatos de España: Omar para verán en 100 e 200 costas, Luis en 200 braza, Alba en 200 libre para inverno, 100 braza e 800 libre para verán.
¡¡Noraboa a todo este EQUIPO ABSOLUTO!!
Resultados