Campionato de España. Resultados

Acaba de rematar o Campionato de Natación Absoluto de Inverno en Piscina de 25 metros, que se celebraba en Palma de Mallorca dende este xoves, con moi bos resultados para os nosos representantes.

Participaron neste evento Paula Otero e Miguel Ángel Gómez, ambos de categoría absoluta moza.

Paula participou nun total de seis probas, das cales foi finalista en cinco. Os postos máis salientables foron o 4º posto en 400 libre con MMP, nunha final moi reñida, e 6° en 800 libre. Ademáis acadou o 13º posto en 200 bolboreta, 15º en 200 libre e 200 estilos e 22° en 100 libre. Esta competición para Paula, recén chegada do Europeo de Kazán, era preparatoria para a tempada de competicións en piscina de 50 metros que comezará en primavera.

Miguel Ángel Gómez, participou na proba de 200 braza, con moi bos resultados, xa que rebaixou 3” a súa MMP, rematando no 22° posto e realizando a mínima para asistir ó Campionato de España Open, que se celebrará en Málaga no mes de abril. Aumentamos así a nosa participación, xa que ese campionato tamén é junior e Mateo García Castro obtivo mínima na proba de 400 libre na xornada de Liga Absoluta celebrada en Mos.

Aproveitando o evento e a presencia dunha boa parte da natación española, un representante da RFEN fíxolle entrega a Paula da súa medalla ó Mérito Deportivo, xa que a Gala, celebrada en outubro, foi vía streaming. Dito galardón débese ós resulatados de Paula nos Campionatos de Europa de Natación e Augas Abertas de Roma e París, nos que acadou unha medalla de bronce en 1500 libre, e broce na remuda mixta de AA.

Noraboa polos resultados, e a seguir así ou mellor!!

Resultados