Nerea Iglesias foi a nosa representante no Campionato de España de categoría Alevín celebrado en Madrid este fin de semana pasado. Nadou dúas probas, pagou un pouco os nervios na primeira, 400 estilos, mellorando a súa marca en piscina de 50 metros, pero sabendo que o podía facer mellor. E así foi, como os grandes deportistas, soubo superarse, mellorando moito o domingo na proba de 200 estilos.
Acadou os postos 43º en 400 estilos e 29º en 200 estilos. Mellores marcas persoais en piscina de 50, boa forma para Nerea de rematar esta tempada e de renovar as súas ganas de mellorar cara á vindeira tempada.
Noraboa peque!!