Alba Subcampiona de España

A nadadora do Club Natación Arteixo, Alba Gómez Mesías acaba de proclamarse subcampiona de España Junior en 100 e 200 braza. Estas serán dúas medallas difíciles de olvidar tanto para Alba como para o seu Club. Non é doado facer a crónica deste campionato, non podo evitar poñer a miña vista e sentir de adestradora. En Gijón sentín como cando unha peza dun complicado puzzle encaixa á perfección, que o cloro do día a día ten sentido. Sempre lles digo ós nadadores/as que o futuro non ten límites, que os soños pódense alcanzar, hai que saber perseguilos.

Alba Gómez Mesías:

Noraboa polos teus éxitos e por seguir andando o camiño para que veñan máis

Alba deslumbrou no XXXIV Campionato Junior celebrado en Gijón dende o sábado 18 ata o martes 21 de marzo. Nas cinco probas nas que participaba acadou postos de finalista e rebaixou os seus mellores rexistros persoais, tanto en eliminatorias coma en finais. Acadou os seguintes postos: 12º en 400 estilos, 8º en 200 estilos, 7º en 400 libre e por suposto as probas de braza que destacaron sobre as outras.

Nestas probas clasificouse nas eliminatorias con boas marcas na final A, dándolle así a posibilidade de loitar por unha medalla na sesión da tarde. O domingo, na proba de 200, partía en 2ª posición pero con varias nadadoras moi cerca e con marcas bastante similares, pero un gran dominio da proba e unha rebaixa de dous segundos permitiron que Alba acadara a súa primeira medalla a nivel nacional, con un tempo de 2.35.79. A proba de 100 braza, o luns, foi máis complicada, xa que se clasificou en 5º posto para a final e a medalla sería máis reñida. A capacidade de competir e de superar a presión de Alba, permitiulle nun apretado final, acadar a súa segunda medalla de prata con un tempo de 1.13.30.

A progresión desta nadadora dende que participou no seu primeiro Campionato de España en Cádiz como alevín en verán de 2012 está sendo enorme, haberá que esperar cantas sorpresas máis nos esperan con Alba, o futuro está por nadar, este pode ser só o principio.

Web do Campionato