XIX Encontro Concello de Arteixo. Resultados

O Club gañador do XIX Encontro de Natación Concello de Arteixo, celebrado o domingo pola mañá na piscina municipal, foi o Club Natación Sarval Arteixo con un total de 470 puntos, seguido do Club Natación Coruña e o Club Natación Ferrol.

Un total de 193 nadadores e nadadoras de seis clubs déronlle un gran ambiente festivo a este evento do que xa van 19 edicións e, coma sempre, foi un completo éxito tanto de participación coma de organización. A Clasificación por Clubs foi a seguinte:

1º -CLUB NATACIÓN ARTEIXO 470

2º -CLUB NATACIÓN CORUÑA 387

3º-CLUB NATACIÓN FERROL  294

3º-CLUB NATACIÓN CULLEREDO 247

4º -CLUB DEL MAR 130

5º-A. D. NÁUTICO DE NARÓN 68

O Club levaba varios anos sen acadar este resultado. Foron un total de 24 medallas (9 ouros, 9 pratas e 6 bronces). Neste trofeo premiouse aos tres primeiros clasificados de cada proba, tanto individual como de remudas, que nesta ocasión foron de 4×25 Libre masculina e feminina para os Benxamíns e de 4×50 estilos masculina e feminina para os Alevíns, con medallas, e con un trofeo ó equipo clasificado en primeira posición, o Club Natación Arteixo.

Tamén se repartiron agasallos a tódolos participantes, tanto individual como equipos.

Os encargados este ano de facer entrega dos agasallos e trofeos foron Don Carlos Calvelo, Exmo. Alcalde do Concello de Arteixo, Don Miguel González, Técnico de Deportes, Dona Eva Cancio como representante de BeOne Arteixo, e Dona Virginia Martínez, Presidenta do Club Natación Arteixo.

Noraboa a este gran equipo de base do CNA, e para recordar este momento disfrutade do video:

Video Encontro

Resultados

Medalleiro