Paula no Europeo de Augas Abertas

Unha vez máis a nadadora Paula Otero terá ocasión de competir entre as mellores. Viaxou hoxe a París para participar no Campionato de Europa Junior de Augas Abertas, xunto con outros 10 convocados. As probas celébranse no Rowing Lake, nas aforas da capital francesa. Nadará 7,5K, proba para a que se clasificou en Banyoles, cando se proclamou campiona de España de dita distancia. Competirá o venres ás 16:30 da tarde.  Tamén hai posibilidades de que participe na remuda mixta de 5K, que se celebrará o domingo.

Toda a competición poderá ser vista vía streeming no enlace do campionato.

Ánimo e sorte Paula!!

Web do CampionatoConvocatoria