Fin de Semana

Moitos deportistas do Natación Arteixo compiten esta fin de semana.

Os pequenos estrean a súa Liga Benxamín na Piscina de San Amaro, onde nadarán 100 costas, 50 costas, 50 braza e remudas de 4×50 libre. A expedición quedará en San Amaro ás 16:15.

O grupo de maiores participa no clásico Trofeo Ciudad de A Coruña, que se celebra na Piscina de INEF en Bastiagueiro organizado polo Club Natación Coruña. A saída farase dende a Piscina de Arteixo ás 9:00 da mañá, os que acuden só á sesión de tarde terán que estar no INEF ás 15:30.

E por último, o Equipo Máster participa na 1ª xornada de Liga en Lugo, na piscina de Frigsa, nadando as seguintes probas: 200 libre, 100 estilos, 50 braza e 50 bolboreta.

Estaremos atentos/as ós resultados.

¡¡Sorte para tod@s!!