Competicións Fin de Semana

Este fin de semana, o Club Natación Arteixo participará en dúas competicións:

4ª xornada de Liga Infantil, que se celebrará o sábado en Carballo e será a derradeira xornada desta tempada. Será en sesión de tarde e nadaranse as seguintes probas: 400 estilos, 100 bolboreta, 200 libre e remudas de 4×100 estilos. A expedición cítase na Piscina de Bergantiños ás 15:45. Prégase puntualidade e acudir uniformad@s. ¡¡Sorte rapaces!!

Campionato Galego Máster. Este terá lugar en Ponteareas, o domingo 1 de xuño en dúas sesións. Os nosos veteráns atópanse coa que é posiblemente a cita máis importante de toda a tempada. O Club participa con 5 deportistas: Iago Caínzos (100 estilos, 50 braza), Manuel Martín (100 costas, 50 libre), Javier Mella (100 costas, 50 libre), María Muíño (50 libre, 50 costas), que estréase neste campionato (¡Benvida!), e Carmelo Sanjorge (200 estilos, 100 libre). Participamos tamén nas remudas masculinas de 4×50 libre e 4×50 estilos.

Para estar atentos ós resultados, premede no botón:

Web do Campionato

¡¡Sorte para este EQUIPO. Non importa a idade, importa a actitude!!