Campionato Galego Alevín

Esta fin de semana celébrase en Cervo (Lugo), o Campionato Galego de categoría Alevín. O Club Natación Arteixo terá unha pequena representación, que sen dúbida nadarán con toda a ilusión dun gran equipo. A nivel individual participan Alejandro Canedo (100, 200 e 400 libre), e Nerea Iglesias (100, 200 braza e 200 libre). Tamén levamos un equipo feminino para remudas, aínda que temos unha nadadora lesionada e non sabemos se poderemos participar.

A expedición sae da Piscina de Arteixo ás 6:45, estaremos atentos/as ós resultados deste pequeno equipo.

Web do Campionato

Convocatorias