En datas un pouco diferentes, luns, martes e mércores da vindeira semana, celébrase o Campionato Galego Absoluto. Será en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur, en piscina de 25 metros. O Club Natación Arteixo participa con 7 nadadoras e 5 nadadores, con un total de 35 probas individuais e 5 remudas.
Con varias baixas no equipo masculino, asistimos co número de participantes un pouco mermado, pero os/as asistentes suplirano coa motivación e ilusión que merece este gran primeiro evento da tempada a nivel galego.
Podedes estar ó día dos resultados na web da Fegan:
¡¡Sorte e ánimo EQUIPO!!