Churrascada Récord

Un total de 171 persoas reuníronse este pasado sábado para celebrar a churrascada que inaugura o calendario de eventos do Club Natación Arteixo nesta tempada 2017/2018. Este número supón un récord de asistencia

O día amañeceu chuvioso, pero á hora na que os asistentes empezaban a chegar abriu o día para que a xornada en Seixedo fora ideal. Voley, twister, fútbol, cartas, xogos varios para os nadadores/as e conversacións para os maiores, que fan de este un día especial para o CNA, unha boa forma de empezar a tempada.

A nova directiva aproveitou a ocasión para agasallar a Nacho Folgueira, presidente do CNA estes últimos catro anos, e a Susana, por telo acompañado neste camiño, cun detalle e unhas palabras deixando claro a tod@s a gran labor da Directiva saínte. Isto non é unha despedida, xa que Nacho continuará formando parte da nova directiva como vocal.

Gracias a tod@s pola vosa asistencia e especialmente ós organizadores/as que fan isto posible!!