Liga Galega de Clubs

Este sábado 4 de novembro comeza a Liga Galega de Clubs. É a liga da categoría absoluta, e esta tempada competimos en 1ª División cos seguintes equipos: CN Liceo, CN Coruña, CNC Santiago, RCN Vigo e CN Riveira. Esta xornada será en Vigo e nadaranse as seguintes probas: 4×50 estilos, 400 libre, 100 braza, 100 bolboreta, 200 costas, 200 estilos, 100 libre feminino, 50 libre masculino, 4×200 libre feminino e 4×100 libre masculino.

Haberá autobús que sairá da Piscina Municipal de Arteixo ás 13:15, prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as.

A por todas EQUIPO!!

Convocatorias