Alba no campionato Galego de Longa Distancia

Mañán sábado 27 de xaneiro celébrase en Carballo o Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina de 25, fase territorial do Campionato de España de Longa Distancia.

A nadadora Alba Gómez Mesías, que para este campionato pertence á categoría junior, nadará 3000 metros. A competición será en sesión de tarde na Piscina de Carballo Calero.

Podemos estar atentos/as ós resultados na web do campionato: Web do Campionato

Ánimo e sorte Alba!!