XX Encontro. Resultados

O Club gañador do XX Encontro de Natación Concello de Arteixo, celebrado este sábado pola tarde na Piscina Municipal, foi o Club Natación Sarval Arteixo con un total de 388 puntos, seguido do Club Natación Ferrol e do Club Natación Coruña.

Esta edición obtivo un novo récord de participación con un total de 210 nadadores e nadadoras de seis clubs. Houbo un gran ambiente festivo, coma xa é costume neste evento, do que se celebraba o 20º aniversario e, que coma sempre, foi un completo éxito. A Clasificación por Clubs foi a seguinte:

1º -CLUB NATACIÓN ARTEIXO 388

2º -CLUB NATACIÓN FERROL  335

3º-CLUB NATACIÓN CORUÑA 311,5

4º-CLUB DEL MAR 270,5

5º -CLUB NATACIÓN CULLEREDO 247

6º-A. D. NÁUTICO DE NARÓN 217,5

Neste trofeo premiábase aos tres primeiros clasificados de cada proba, tanto individual como de remudas. Participaban as categorías benxamín e alevín. Os deportistas do Club Natación Arteixo acadaron un total de  16 medallas (4 ouros, 6 pratas e 6 bronces).

Nas remudas acadamos os seguintes postos: 4×25 libre benxamín, 4º na masculina e 5º na feminina. No 4×50 estilos alevín, ouro na masculina e na feminina.

Repartíronse agasallos a tódolos participantes, tanto individual como equipos ó final da competición.

Os encargados este ano de facer entrega dos agasallos e trofeos foron Don Carlos Calvelo, Exmo. Alcalde do Concello de Arteixo, e Dona Virginia Martínez, Presidenta do Club Natación Arteixo.

Noraboa ó CNA por este evento e polos resultados dos seus nadadores/as!!

Resultados Medalleiro

Video Noticiero