O Club gañador do XVIII Encontro de Natación Concello de Arteixo, celebrado o sábado pola tarde na piscina municipal, foi o Club Natación Ferrol con un total de 432 puntos. O Club Natación Sarval Arteixo acadou o 3º posto por equipos na clasificación conxunta cun total de 16 medallas (3 ouros, 3 pratas e 10 bronces).
Acudiron a esta cita un total de 183 nadadores e nadadoras de seis clubs. Xa son 18 as edicións e, coma sempre, foi un completo éxito tanto de participación coma de organización. A Clasificación por Clubs foi a seguinte:
1º -CLUB NATACIÓN FERROL 432
2º -CLUB NATACIÓN CORUÑA 359,5
3º-CLUB NATACIÓN ARTEIXO 352
3º-A. D. NÁUTICO DE NARÓN 257
4º -CLUB NATACIÓN CULLEREDO 201
5º-CLUB DEL MAR 164,5
Neste trofeo premiouse aos tres primeiros clasificados de cada proba, tanto individual como de remudas, que nesta ocasión foron de 4×25 Libre masculina e feminina para os Benxamíns e de 4×50 estilos masculina e feminina para os Alevíns, con medallas, e con un trofeo ó equipo clasificado en primeira posición, o Club Natación Ferrol.
Tamén se repartiron agasallos a tódolos participantes, tanto individual como equipos.
Os encargados este ano de facer entrega dos agasallos e trofeos foron Dona Puri Zas, concelleira de Deportes do Concello de Arteixo, Don Carlos Amado, Director da Piscina Municipal e representante a Acuafit, Don Ignacio Folgueira, Presidente do Club Natación Arteixo. Tamén entregou trofeos a destacada nadadora do Club Natación Arteixo Alba Gómez.