XVIII Campus Xoga coa Auga

Acércase o final de curso escolar, e este ano celebramos de novo o noso tradicional Campus de Verán «Xoga coa Auga», será a edición número 18. Dende hoxe stá aberto o prazo de inscrición e remata o 11 de xuño, ofertamos un total de 100 prazas.

As datas de celebración serán do 24 ó 28 de xuño, e terá servicio de autobús. A natación será a actividade principal deste campus, pero constará doutras actividades dirixidas a nenos e nenas de 6 a 17 anos. Entre estas actividades estarán os xogos deportivos, sendeirismo, outros deportes, actividades na Praia, e un remate final no parque acuático de Cerceda.

Pódese formalizar a inscrición na oficina de deportes do concello ou nas oficinas do Club Natación Arteixo situadas na Piscina Municipal. As prazas son limitadas e respetarase a orden de inscrición. Para máis información os contactos do CNA son: por teléfono, 652542548, e a través de correo electrónico, info@natacionarteixo.com

Folleto de Inscrición