XVII ENCONTRO CONCELLO DE ARTEIXO

O sábado día 9 de abril celébrase na Piscina Municipal de Arteixo a decimoséptima edición do Encontro de Natación, organizado polo Club Natación Sarval Arteixo e coa colaboración do Servizo Municipal do Concello de Arteixo e Aquafit Xestión.

Máis de 180 nenos e nenas de 6 a 13 anos xuntaranse ese día para disfrutar dunha gran  xornada adicada ó deporte de base, xa que a competición vai dirixida ás categorías Benxamín e Alevín.

Neste evento participarán os seguintes equipos: Club Natación Coruña, Club del Mar, Club Natación Culleredo, Asociación Deportiva Náutico de Narón, e finalmente como club anfitrión, o Club Natación Arteixo.

Nadaranse probas de 25 de cada estilo e 100 estilos para a categoría Benxamín. E probas de 50 metros de cada estilo e 100 estilos para a categoría Alevín. As remudas serán mixtas, de 6×25 e 6×50 libres.

Farase entrega de agasallos para tódolos participantes, medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada proba, e trofeo para o equipo campión por suma de puntos.

Regulamento

Resultados

20160409_xvii_encontro