O Club Natación Sarval Arteixo acadou o 2º posto por equipos na clasificación conxunta do XVII Encontro de Natación Concello de Arteixo, celebrado o sábado pola tarde na piscina municipal, cun total de 16 medallas (4 ouros, 4 pratas e 8 bronces). O Club gañador do trofeo foi o Club Natación Coruña con un total de 443 puntos.
Acudiron a esta cita un total de 168 nadadores e nadadoras de cinco clubs. Xa son 17 as edicións e, coma sempre, foi un completo éxito tanto de participación coma de organización. A Clasificación por Clubs foi a seguinte:
1º -CLUB NATACIÓN CORUÑA 443
2º-CLUB NATACIÓN ARTEIXO 328
3º-A. D. NÁUTICO DE NARÓN 275
4º -CLUB NATACIÓN CULLEREDO 250
5º-CLUB DEL MAR 217
Neste trofeo premiouse aos tres primeiros clasificados de cada proba, tanto individual como de remudas, que nesta ocasión foron mixtas (tres nenos e tres nenas), con medallas, e con un trofeo ó equipo clasificado en primeira posición, o Club Natación Coruña.
Tamén se repartiron agasallos a tódolos participantes, tanto individual como equipos.
Os encargados este ano de facer entrega dos agasallos e trofeos foron Don Carlos Calvelo, Alcalde do Ilmo. Concello de Arteixo, Dona Puri Zas, concelleira de Deportes, e Marcos Docampo, Técnico de Deportes. Don Carlos Amado, Director de la instalación e representante a Acuafit e Don Ignacio Folgueira, Presidente do Club Natación Arteixo.