XVI ENCONTRO DE NATACIÓN

O Club Natación Sarval Arteixo acadou o 4º posto por equipos na clasificación conxunta do XVI Encontro de Natación Concello de Arteixo, celebrado onte pola tarde na piscina municipal, cun total de 9 medallas (4 ouros, 3 pratas e 2 bronces). O Club gañador do trofeo foi o Club Natación Coruña con un total de 393,5 puntos.

Acudiron a esta cita un total de 180 nadadores e nadadoras de seis clubs. Xa son 16 as edicións e, coma sempre, foi un completo éxito tanto de participación coma de organización. A Clasificación por Clubs foi a seguinte:

1º -CLUB NATACIÓN CORUÑA 393,5

2º-CLUB DEL MAR 316

3º-CLUB NATACIÓN CULLEREDO 301,5

4º -CLUB NATACIÓN ARTEIXO 268

5º-A. D. NÁUTICO DE NARÓN 247

Neste trofeo premiouse aos tres primeiros clasificados de cada proba, tanto individual como de remudas, que nesta ocasión foron mixtas (dous nenos e dúas nenas), con medallas, e con un trofeo ó equipo clasificado en primeira posición. Tamén se repartiron agasallos a tódolos participantes.

Os encargados este ano de facer entrega dos agasallos e trofeos foron Don Carlos Calvelo, Alcalde do Ilmo. Concemo de Arteixo, e Dona Puri Zas, concelleira de Deportes . Dona Eva Gacio, representante de Acuafit e Don Ignacio Folgueira, Presidente do Club Natación Arteixo.

Resultados